Verducido & Bora

Publicado en por Verducido Club de Fútbol

  Bo e prometedor comezo de liga do Verducido, xa non so polo resultado que apostre e o que vale, pero si polo momentos de bo xogo desplegado polo equipo local. Tamen destacar que dun recen descendido coma o Bora esperabase algo mais.

  O partido comezaba co dominio claro do Verducido, e seria no minuto 8 coa axuda inestimable do meta visitante na que Golpe colocaria o 1-0, pero como hai cousas que non cambian na primeira chegada visitante e fallo da nosa defensa 1-1, e a recordar vellos temores. Pero sem embargo o equipo reaccionou ben e non perdeu a compostura e segui xogando pola victroia asi o noso "Rambo" poria tres minutos mais tarde o 2-1, e rebasado a media hora de encontro o 3-1 co cal se chegaria o descanso.

 Parecia que a primeira victoria estaba cerca, pero os dez minutos da reanudacion e na segunda chegada a area dos visitantes un mal despexe de Arturo colase na meta defendida por Kali, 3-2 agora si a sufrir. Pero o Bora soamente creaba peligro con balons colgados dende calquer parte do terreo de xogo, iso si os nervos e a tension facian eses ataques mais perigosos do que en realidade eran.

  Coa expulsión do numero 5 visitante, o cal se lle foi un pouco a cabeza coa entrada que fixo, o verducido seguiu o ataque e unha gran xogada colectiva remataba co pase "da morte" na que Hector incomprensiblemente enviaba fora.

Pero na seguinte xogada era Josiño o que anotaba o 4-2 co que parecia sentenciado o encontro e xa no tempo de desconto David de penalti colocaria o defintivo 5-2.

 O verducido saria de inicio con: Kali, Toni, Golpe, Arturo, Diego(David), Jose(Josiño),Jacobo, Roi, Suso, Crespo e Hector.

 Polo Bora : Manuel, Borja, David, Hugo, Roberto, Jose, Adrian, Antonio, Sergio, Aitor, Azael(Jose).

 Dirixiu o encontro:  Antonio Garrido.

 E bo ambiente no Outeiro do Home, no que resaltar o numeroso publico visitante.

 A proxima semana o Verducido desplazase a Xunqueira onde enfrentarase o Monteporreiron sera as 18:00 e esperamos que esteades todos ali.

 

Etiquetado en Liga

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post